06/05/21 – Aclaración ó Comunicado da FGA (065/21)

06/05/21 – Comunicado XXXVI Rali Berberecho de Noia
6 mayo, 2021
06/05/21 – Comunicado XXXVI Rali Berberecho de Noia
6 mayo, 2021

Ante o último comunicado emitido pola Federación Galega de Automobilismo, no que se nos tacha de pouco veraces, queremos aclarar a desinformación vertida polos dirixentes autonómicos do noso deporte.

A Escudería Berberecho, como organizadora do Rali Berberecho de Noia, suspendeu a proba que tiña que inaugurar este mesmo mes o Campionato Galego de Rallies, xa que, desde o Excmo. Concello de Noia se nos informou que a situación sanitaria non era a máis propicia e que vían con bos ollos aplazásemos a celebración da 36 edición de tan emblemática proba para a data en que estaba calendada inicialmente. Esta suspensión, que non cancelación, trasladóuselle á Federación Galega de Automobilismo, co fin de buscar unha nova data para a celebración da mesma. Desde ese mesmo día, estivemos traballando co Concello de Noia, que sempre se mostrou aberto a negociar e apoiar a celebración dun evento deportivo de máxima importancia para a nosa rexión.

Tanto nas nosas redes sociais, como na web da organización publicouse a suspensión para a data inaugural do certame autonómico, pero en ningún momento se fixo referencia algunha a unha posible cancelación da proba para a tempada 2021 que está a piques de arrincar; o cal celebramos xa que decenas de persoas ligadas á nosa escudería estarán a traballar para que o Rallye de A Coruña sexa posible.

Nin o Presidente da Escudería Berberecho, Don José Javier Rodríguez Martínez, nin ningunha persoa da directiva da nosa entidade organizadora, confirmou que o Excmo. Concello da nosa localidade non fóra a apoiar institucional e económicamente a 36 edición do Rali Berberecho de Noia que tiñamos previsto que se celebrase este mesmo 2021.

A pesar de comprender a situación e os compromisos que a Federación Galega de Automobilismo poida ter, non estamos dacordo ca sua forma de actuar, xa que, ó igual que eles, nós tamén temos compromisos cas empresas e institucións que fixeron posible que chegásemos a organizar 36 edicións do noso rali.

Asinado
Xunta Directiva da Escudería Berberecho

Deja una respuesta